O persoal sanitario continúa coa súa loita para reclamar máis recursos para o servizo público de saúde. O pasado mércores concentráronse os traballadores do Hospital do Salnés para reclamar que sexan atendidas as súas demandas, despois da saturación rexistrada nos servizos de urxencias por mor da epidemia de gripe dos meses de decembro e xaneiro. Denunciaban o peche de camas e a falta de cobertura das ausencias dos profesionais e falta de material, tan simple como mascarillas ou vias, que teñen que pedir a outros hospitais e que son achegados por taxis procendetes de Pontevedra, segundo contou unha persoa que traballa nese Hospital.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.