DA SERIE: ENTRAÑABLES PERSOAXES QUE TE PODES ATOPAR POLO POBO
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Hoxe, queridos amigos, quería falarvos dunha figura típica da paisaxe cambadesa; unha figura que, a medida que o PP levaba gobernando mais e mais tempo en Cambados, creceu en cantidade e calidade e que non é outra que a figura do “Come Pirolas” cambadés.
O primeiro de todo debo aclarar que o nome non ten, en absoluto, ningún matiz sexual nin pornográfico; cando falo de “Come Pirolas” non me refiro a que alguén (xa sexa home ou muller) practique a succión ou felación do membro masculino dun terceiro senón que a expresión é unha metáfora dunha persoa rastreira, pelota co poder para intentar acadar un beneficio de dita relación e para tal fin non lle importará deixar atrás ideoloxías, crenzas ou, mesmamente, amizades; o importante para o “Come Pirolas” é lograr o seu beneficio propio. Si aínda así algún cabaleiro e, sobre todo, algunha señora síntese molesta por tal expresión laméntoo na alma pero considero que a palabra é a mais acertada.
Pero volvamos ao tema que nos ocupa hoxe: o club dos “Come Pirolas” cambadeses; “Come Pirolas” hai moitos e aquí veremos algúns, e vamos a comezar por un dos mais representativos por non dicir o mais grande de todos eles e que non é outro que Fulares.
De Fulares xa temos falado “largo e tendido” pero é que o personaxe en cuestión, como acabamos de dicir, é o exemplo mais representativo do “Come Pirolas” cambadés; unha persoa de esquerdas e progresista na súa xuventude que, no colmo do cinismo, un dia comezou a facerlle “a rosca” a Aragunde, a ser o seu “perrito faldero” e, grazas a iso, aí o tedes hoxe en dia, ben colocadiño, cobrando tódolos meses uns 2.000 euros aínda que non saibamos moi ben a que se dedica; tamén, por extensión, parentesco e mimetismo podemos darlle a o título de “Come Pirolas” a súa parella, pois ela tamén está ben “colocadiña” como non podía ser de outra maneira e que, tamén, no seu caso, ainda non saibamos que méritos fixo para lograr tal posto.
Tamén entra nesta clasificación de “Come Pirolismo” ese funcionario que un bo dia cambiou de partido político como quen cambia de calzóns e xurou fidelidade eterna á dereita; quizais, por iso, ese funcionario tiña o “salvoconduto” para marcharse do seu posto de traballo a unha da tarde e retornar “ben cargadiño” as dúas e media, xusto para fichar e marcharse para a casiña; un “Come Pirolas” que se valeu do seu cargo para facer “chanchullos” e que si non o chimparon a rúa foi por pena; un “come pirolas” que tamén é moi habitual atopalo en canta inauguración se produce, na cola do séquito para aplaudir ben forte cando corresponda; o mais “caralludo” de todo é que este “Come Pirolas” encima tiña a desvergoña de querer darnos sermóns e leccións de “cidadán exemplar” ...¡manda carallo!.
Chegado a este punto, queridos amigos, moitos estaredes preguntándovos : pero, ¿o “Come Pirolas” cambades nace ou se fai? A resposta pode dar lugar a unha divagación filosófica, a resposta mais sinxela é que hai “Come Pirolas” que nacen e outros, como o que veremos a continuación, que se fan...... un “Come Pirolas” que chegou no seu dia coa bitola de persoa humilde e coa bitola de loitar e defender á xente do mar (¡como nos enganou a todos!) para, tras a súa “conversión” ao “Come Pirolismo”, acabar vendendo e traizoando a esa nobre xente do mar por un miserable posto (e así lle foi); a este “Come Pirolas” poderíase aplicarlle aquela frase lapidaria: “Roma no paga a traidores”.
Tamén, como non podía ser doutro xeito, neste club de “Come Pirolas” non nos podemos esquecer desa muller “ignorantiña” e guapa a partes iguais, que aínda esta por acabar de ler o primeiro libro pero o cal non foi óbice para levar “chupando” do conto da política media vida sen aportar nada, aparte deses “modelitos” tan “fashions” e que tivo os “santos ovarios” aínda por riba, de criticar aos funcionarios que protestaban, con razón, polas medidas de recortes que estaban i están a sufrir; está claro que a beleza é o cinismo nesta “Come Pirolas” atópanse a partes iguais.
Finalmente non podemos esquecernos de incluír neste club de “Come Pirolas”, a algúns dos energúmenos que o 3 de setembro de 1986 foran a protestar fronte ao Concello de Cambados, que daquela gobernaba Xoán Antonio Pillado Silvoso, por unha subida da urbana; subida que non era responsabilidade do entonces alcalde; pois ben, ¿onde estaban eses mesmos “Come Pirolas” cando o Partido Popular chegou ao poder e fixo unha subida xeneralizada das taxas e impostos locais? ¿por que non protestaron entón coa mesma ansia? Por certo, algúns deses Come Pirolas que tanto protestaban entón teñan aos fillos “colocadiños” no Concello e na Deputación ... ¡vivir para ver!.
Espero que esta breve exposición servise para coñecer un pouco mais a figura do “Come Pirolas” cambadés, de ser así considerarei o tempo ben empregado.
Un saúdo a todos.
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.