Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de enero de 2015

O BNG REUNEUSE CO CABILDO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS







Daniel Rodas, portavoz de Pesca do BNG no Parlamento galego e o Portavoz municipal, Víctor Caamaño, reuníronse na tarde do pasado mércores co Cabildo da Confraría de Cambados. Durante a reunión abordáronse os temas que neste momento máis preocupan ao sector do mar, como é a cotización a facenda das mariscadoras, as precarias cotas para o cerco, as mal utilizadas competencias da Xunta en augas interiores, a incompetente defensa da Xunta e do Ministerio dos intereses pesqueiros galegos na UE, a comercialización dos produtos do mar en función da denominación de orixe, a problemática do  furtivismo, etc. Moitos temas que están a marcar a precaria situación pola que pasa este sector, debido principalmente, á inoperancia do PP no Goberno Galego.


Así mesmo, os representantes do BNG informaron dos contactos celebrados coa delegación de representantes do xeito organizada polos nacionalistas o pasado mes de decembro e que foron determinantes para obter información sobre as consecuencias de incluír a esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva e corrixir esta decisión. Antes desa visita da delegación galega do xeito organizada polo BNG, a Comisión carecía da información necesaria porque desde o Estado español nin o Ministerio de Pesca, nin a Xunta lla facilitaron. Tivo que ser o propio sector quen o fixera, e o Bloque estivo aí para que puidesen ter a interlocución necesaria en Bruxelas e, como consecuencia, foron aceptadas todas as emendas do BNG ao respecto deste problemática.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.