Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2015

OS TRABALLADORES DO DIARIO DE AROUSA COMEZARON A FOLGA







Os traballadores de Diario de Arousa comezaron á folga, xunto aos compañeiros do resto de cabeceiras do grupo Editorial La Capital ao que pertencen e en esixencia do pagamento das cantidades debidas pola empresa e a presentación dun plan de viabilidade que garanta a continuidade dos postos de traballo.
O comité de empresa xa informou á dirección do grupo da convocatoria da xornada de folga que se desenvolverá entre as 8 horas  ata a mesma hora deste sábado. A adopción desta medida foi aprobada en asembleas de traballadores celebradas a semana pasada en cada centro de traballo e por unha ampla maioría de apoios con 65 votos a favor, 11 en contra e 4 abstencións.
Segundo informaron estas mesmas fontes, os traballadores de Editorial La Capital (El Ideal Galego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Deporte Campeón e Diario de Arousa) "vimos sufrindo recortes dende hai tempo sen que a empresa presente un plan que garanta a viabilidade que consideramos posúe o grupo xornalístico".

Fonte: PontevedraViva


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.