Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de enero de 2015

O CAMBADÉS JOSÉ M COSTA GARCÍA PUBLICA UN ESTUDO SOBRE MOEDAS APARECIDAS EN CAMBADOS




CIRCUNSTACIAS DO ACHÁDEGO


Durante a década de 1980 producíronse, en varias fincas da cambadesa parroquia de
Santa Mariña Dozo, certas obras e recheos de terra con motivo da preparación destas propiedades para o cultivo da vide.
Nos devanditos traballos empregáronse materiais revoltos que procedían á súa vez das inmediacións dunha sinalada elevación local, o monte de Grenla, que serve como fito divisor dos municipios de CambadosRibadumia e Vilanova de Arousa. Como vén sendo habitual na bisbarra, os chans foran explotados durante décadas para os máis diversos labores, dende o normal desempeño dos labores agrícolas e forestais ata a apertura de certas canteiras privadas -cando non marcadamente clandestinas-, de aí que se coñecese o potencial arqueolóxico que este enclave entrañaba. Foi non obstante no lugar deFornos, unha chaira que se estende entre as ladeiras meridionais do monte e o curso do río Umia pouco antes de desembocar na
ría de Arousa, de onde se extraxeron nesta ocasión varios camións de terra para recheos. Produciuse nese momento o achado dun conxunto de moedas antigas que, repartidas entre os seus casuais descubridores, dispersáronse co transcorrer dos anos.

Foi por puro azar que dúas destas pezas orixinais chegaron ás nosas mans para o seu estudo e coñecemento público.


Non cabe dúbida de que os exemplares achados corresponden a dúas pequenas moedas
tardoimperiales que a investigación numismática clasifica como follis ou moeda de velón.
Estas pezas van perdendo gradualmente, dende o inicio do reinado de Constantinoaquel 4% de prata que en orixe fixara a reforma monetaria dioclecianea do ano 294. Deste modo, ao cabo unicamente o bronce restará como material integrante.
O primeiro exemplar que presentamos enmárcase nas series conmemorativas emitidas a raíz dun feito crave dentro da evolución do imperio romano: a refundación por Constantino en 320 d. C. da cidade de Bizancio, unha nova capital que acabará herdando o nome do seu benfeitor ata ser coñecida comunmente como Constantinopolis. Estamos, pois, ante un tipo que se produce globalmente, con cuñaxes na maioría de cecas imperiais e, como cabía esperar, cunha clara intencionalidade propagandística. En todas as producións se aprecia un deseño común baseado en a representación dunha alegoría da cidade nunha cara e dunha vitoria alada no seu reverso. No caso que nos ocupa a cuñaxe teríase producido na ceca de Augusta
Treuerorum (Tréveris, Alemaña), despois de emitirse entre os anos 337 e 340 (Trier RIC VIII 67), morto xa Constantino e gobernando a parte máis occidental do Imperio o seu fillo Constantino II e a oriental Constancio II.
A segunda moeda (Fig. 3) encóntrase por desgracia en peor estado de conservación, de modo que a súa identificación se basea en maior medida en elementos de natureza estilística. En atención a estas evidencias, a nosa proposta é a dunha emisión pertencente ao reinado de Constancio II (337-361), segundo das vástezas de Constantino.
A partir da figuración identificada no reverso, pode corresponder ás emisións
da serie SPES REI PVBLICE, que se realizan nun momento avanzado do goberno
deste emperador, concretamente entre os anos 355 e 361 (RICVIII: 40). Desafortunadamente, resulta imposible distinguir a marca de ceca.

José Manuel Costa García


TODO O ARTIGO, AQUÍ

Autores 
José Manuel Costa García
Universidad de Santiago de Compostela
icscipio@gmail.com

Erik Carlsson-Brandt Fontán
Universidad de Santiago de Compostela
zoseres@hotmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.