Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de enero de 2015

O BNG ARRANCA A CAMPAÑA "QUE NON CHE COMAN O COCO"






O BNG iniciou hoxe en Cambados a campaña, “Que non che coman o coco…, temos un país de primeira”. Baixo este lema os nacionalistas lanzan unha campaña para reivindicar unha Galiza en positivo fronte á imaxe interesada da Galiza subsidiada e dependente de “papá Estado” que difunde o PP e “todos os que manteñen o discurso centralista de Madrid”.
“Temos un país de primeira e precisamos máis soberanía para poñelo a producir”. O BNG pretende, con esta campaña, trasladar información sobre a necesidade de ter un maior autogoberno para poder traballar e vivir en Galiza, sacando partido a todas as posibilidades económicas que hai na nosa terra.
“Que non nos enganen e sintamos o orgullo de ter un país de primeira”; hai que reivindicar a “marca Galiza” fronte a marca España. Apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do Estado. A campaña do BNG desmente con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal.
Galiza recibe menos do que aporta ao Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891 millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado.

En materia enerxética  Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid.
O espolio dos recursos tamén inclúe ao aforro galego coa peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.