Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de enero de 2015

CEMITERIO MUNICIPAL XA!!!



UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO

Estes días volveu a aparecer nos medios de comunicación a polémica da necesidade de que Cambados posúa un cemiterio municipal. Que o cemiterio en Cambados sexa un servizo público é unha vella aspiración do BNG e de moitos cambadeses, polo que desde o grupo municipal levamos moitos anos propoñendo iniciativas para que esta demanda poida converterse nunha realidade e, de feito, trátase dunha das propostas dos últimos programas electorais do BNG.
Xa no ano 1986 cando compañeiros e compañeiras nosos estaban no goberno municipal, se iniciaron as xestións coa compra duns terreos en Santa Mariña para a construción dun cemiterio municipal e realizáronse os primeiros trámites (redacción de proxecto, información pública, informes de sanidade, etc), pero cando no ano 1987 entrou no goberno municipal o PP, paralizou o proxecto.
Despois, desde a oposición o BNG presentou outras iniciativas nesta liña:
  • 1998: Moción pedindo a municipalización do servizo.
  • 1999: Nova petición, aproveitando que o concello estaba a negociar a compra de terreos para a ampliación do Cemiterio de Santa Mariña.
  • 2002: Suxestión ao avance do PXOM para que se contemplara a creación dun cemiterio municipal.
  • 2003: Ante a petición do párroco de Cambados, presentación de rogo en Pleno para que o concello cree un cemiterio municipal. Facemos a proposta de asinar un convenio entre Concello e Igrexa para a limpeza e mantemento dos cemiterios.
  • 2007: Moción pedindo de novo a municipalización do servizo de cemiterio e para que se adquiran terreos para a ampliación ou creación dun novo cemiterio municipal.
Todas estas iniciativa topáronse sempre coa negativa do Goberno Municipal do PP, e esa é a única razón pola que a día de hoxe Cambados aínda non dispón de servizo de cemiterio municipal e, polo tanto, nesta controversia  non todos temos a mesma responsabilidade.

Desde hai anos a Parroquia de Cambados ven dirixíndose ao Concello para solicitar  que este se faga cargo  do mantemento do cemiterio. Aínda así, as obrigas do servizo de cemiterio que contempla a lei non se limitan só a isto. O concello ten que ofertarlle tamén ao cidadán outros servizos como: enterramento, depósito de cadáveres, sala de autopsias, sistema de concesión de nichos, alumeado, augas, almacén, forno de destrución de obxectos, etc. O único xeito de que todos estes servizos poidan ser prestados polo concello é que haxa un cemiterio municipal que garanta  a prestación, en igualdade de condicións, sen distinción de crenzas relixiosas, de residencia parroquial ou de calquera outro tipo.

Actualmente sería posible, de haber vontade política, que este proxecto se fixera realidade e que Cambados contara cun cemiterio municipal. Por iso o BNG seguirá insistindo e presentará unha nova moción, neste sentido, no próximo pleno e de non ser aprobada, esta proposta  formará parte do noso programa nas vindeiras eleccións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.