Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2014

MÁIS QUE COMERCIO! EN NOVEMBRO EN CAMBADOS






A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou  xunto con responsables do centro comercial aberto de Cambados a campaña de dinamización Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.
As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.