Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2014

A GRAN FARSA DA RECUPERACIÓN ECONÓMICA NO ESTADO ESPAÑOL






4 de Novembro 2014: os datos dos Servizos Públicos de Emprego ofrecen as seguintes cifras:

O paro aumenta en 80.000 persoas máis no mes de outubro.
A seguridade social soamente aumentou en 28.000 persoas afiliadas máis, cando en outubro de 2013 aumentaron en 50.000.
O 91% de todos os contratos realizados no mes de outubro son temporais e precarios.

A diferenza entre a afiliación neta de 28.000 afiliados máis débese ao que xa é unha constante dende hai máis de dous anos e medio: a xente bórrase da poboación activa, ben porque emigra, ben porque sinxelamente se borra (nin traballa, nin busca emprego, nin quere saber nada da enquisa). Ao baixar substancialmente a "poboación activa", diminúe a poboación parada e crece a poboación ocupada, pero non hai máis emprego, senón menos.


As prestacións sociais por desemprego, sexan contributivas, ou asistenciais, caeron máis de 12 puntos, encontrándonos, segundo o SEPE (antigo INEM), con que só o 52% das 4,5 millóns de persoas paradas están cubertas. Segundo a EPA, a ausencia de cobertura total (nin contributiva nin asistencial) alcanza a 4 millóns de persoas paradas das 5,6 millóns da enquisa.

A contía da prestación media segue caendo, e situouse en 801 euros.


Onde está a recuperación?

Información recollida do blog  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.