Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de noviembre de 2014

FINALISTAS AOS PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA





Xa coñecemos o nome dos grupos e artistas finalistas da segunda edición dos Premios Galegos da Música. Desveláronse nun acto sinxelo e moi familiar, no que a música correu a cargo d’A Magnifique Bande dos Homes sen Medo. A Asociación de Músicos ao Vivo, organizadores destes premios, fixo públicos os nomes dos proxectos artísticos que optan a gañar o premio durante a gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 17 de decembro.

Na listaxe aparecen bandas e artistas cunha longa traxectoria, algúns deles xa premiados na pasada edición ou que repiten como finalistas, e novas propostas musicais que amosan a boa saúde da que goza a música galega. Entre eles optarán a estes premios The Cornelius (Vilagarcía de Arousa) na categoría de rock, Treixadura (Cambados) e Davide Salvado (Marín) en música tradicional galega ou o Aturuxo (Bueu), que opta ao recoñecemento á mellor sala do ano.
Tamén aspira a gañar un dos Premios Galegos da Música, Chrysalid9 (Caldas de Reis), o proxecto electrónico de Javier Gago; ou Virxilio da Silva (Sanxenxo), que colabora con Mónica de Nut no disco Dos fíos invisibles chegan as cores, finalista na categoría de músicas do mundo.


Os finalistas destes premios son: 

  • Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide / Los Chavales
  • Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
  • Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros 
  • Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
  • Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
  • Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
  • Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
  • Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
  • Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
  • Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc /  Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
  • Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
  • Metal: Aphonnic / Nao / Machina
  • Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
  • Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
  • Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
  • Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.