"Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. E Piluca, a nai de Eva, viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, Eva ten que casar con Tristán antes de que descubra o seu segredo. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz"
E todo isto dende a óptica que mellor se achega ao público, o humor.
Contamos neste proxecto coa colaboración dunha das mellores e máis queridas actrices do panorama galego. Unha muller cunha carrera chea de éxitos e personaxes inesquecibles. Dende a alcaldesa de Portozas de "Mareas Vivas" á viuva de "A vida por Diante". Estamos a falar de Mela Casal.
E como o talento é a base dos nosos proxectos, completamos o reparto cos que foron os dous nenos prodixio da TVG. Guillermo Carbajo, o rapaz de "Pratos Combinados" e Tamara Canosa, a cativa de "Mareas Vivas".
Un reparto de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles escenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega.
Alex Sampayo é un director e realizador coñecido principalmente no sector audiovisual, no que leva traballando máis dunha década e no que ten dirixido series como "Padre Casares" ou "El Internado". Sampayo acaba de recibir o premio á mellor película no Festival de Cine de San Diego por "Schimbare", unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.
Ás 19.00 no Auditorio da Xuventude de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.