Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de noviembre de 2014

A XUSTIZA DA A RAZÓN AOS SOCIALISTAS CAMBADESES





A xustiza recoñece a razón do PSOE de Cambados e obriga ao Concello a entregarlle a información requerida


A portavoz socialista, Fátima Abal, lembra que o seu grupo fixo unha solicitude de acceso ao rexistro do concello o 3 de xullo, solicitude que foi reiterada o 7 de xullo, o 15 de xullo, o 21 de xullo, o 6 de agosto e o 5 de novembro sen obter resposta por parte do concello. Ademáis, fixeron tamén a solicitude ante o Valedor do Pobo, que fixo dous requerimentos para que o concello cumprise coa legalidade, e permitise o acceso a dito rexistro, requerimentos que tampouco recibiron contestación.
"Ante o desamparo sufrido, e ante a negación por parte do concello dun dereito fundamental -sinala Abal- decidimos acudir á xustiza, xa que se estaba vulnerando un dereito consagrado na Constitución como é o dereito á participación política. Negarlle á oposición o acceso á información supón un impedimento para a súa labor fiscalizadora do goberno local,  e non deixa de ser chamativo que un concello que tanto lle gusta presumir de transparencia logo resulta que non cumpre coa legalidade neste eido.”
“Despois de 4 meses de silencio por parte do concello, cando por lei corresponde un prazo máximo de 5 días para poder ver o rexistro, e despois de avisar reiteradamente de que tiña a obriga de darnos a información solicitada, os socialistas decidimos  iniciar un Recurso Contencioso Administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas, xa que, como representantes dos cambadeses, non podemos consentir esta ocultación.”
Dito recurso, interposto o pasado 18 de novembro, acaba de recibir resposta, e nel recoñécese a vulneración de dereitos fundamentais, polo cal obriga ao concello a permitir o acceso á información do rexistro municipal.
Segundo a portavoz socialista: “é lamentable que haxa que chegar a esto, pola cabezonería e a obstinación de Aragunde, que sabía de sobra cal era a súa obriga e , aínda así, empeñouse en seguir agochando esa información. Non sabemos qué é o que ten que ocultar o alcalde, pero utilizaremos tódolos medios ó noso alcance para averígualo. Porque os veciños e veciñas de Cambados merecen saber como actúan os seus representantes”

Os socialistas tamén lamentan que o concello se adique sempre a presumir dunha cousa e a facer a contraria. “Aragunde presume nos medios de transparencia, de que nos entrega as resolucións de alcaldía ou nos contesta ás preguntas, pero é que estamos falando de algo obrigatorio, non dun xesto de benevolencia por parte do alcalde. Os socialistas non queremos xestos benevolentes, o que queremos é que se cumpra a lei. Como exemplo, no ultimo pleno os populares votaron a favor da ratificación do código de bo goberno da FEMP, e presumiron de que xa o estaban cumplindo. Sen embargo, esta sentencia acaba de demostrar o contrario.”
“Unha vez máis quedou claro que os socialistas temos razón, e así o di a dilixencia de ordenación conforme á LJCA (ley 29/1998)”, sentenciou Fátima Abal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.