Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de octubre de 2014

A EDAR DE RIBADUMIA PASA A SER EXPLOTADA POLA XUNTA







O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe os convenios polos que o Goberno galego asume a xestión e explotación das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Ribadumia e Pontecaldelas. Á sinatura tamén asistiron o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
O Goberno galego asume por primeira vez a explotación de dúas depuradoras xa en funcionamento, a de Ponte Caldelas e a da Mancomunidade do Salnés, en aras dunha mellor xestión, aplicando un mecanismo novidoso incluído na Lei de Augas, e axudando dende a Xunta aos concellos galegos para ofrecer o mellor servizo aos veciños.
Trátase de garantir o bo funcionamento das depuradoras de augas residuais para mellorar a calidade da auga que devolvemos aos nosos ríos, mediante un sistema que permite economías de escala ao poder agrupar a contratación de diferentes depuradoras nunha única concesión. Acádase así a maior eficacia e maior eficiencia no funcionamento dunhas Infraestruturas que inciden directamente na calidade do noso medio ambiente, e articulado a través da colaboración institucional e dun firme compromiso coa calidade das augas dos nosos ríos e rías.
O máis listo da clase sen chaleco. Non o habería da sua talla?
Depuradora do Salnés
A Mancomunidade do Salnés solicitou a asunción por Augas de Galicia da explotación das instalacións, polo que fará entrega para a súa xestión das instalacións, incluídas aquelas que en substitución ou mellora delas poidan realizarse no futuro. A Consellería de Medio Ambiente levará a cabo a súa explotación nas condicións técnicas adecuadas á súa capacidade de deseño e ás exixencias ambientais vixentes, realizando as tarefas precisas para a súa correcta conservación e mantemento. Cabe sinalar que a asunción da prestación por parte de Augas de Galicia en ningún caso supón que a Administración hidráulica da Comunidade Autónoma asuma a titularidade das instalacións xestionadas
O convenio ten un período de validez de catro anos a partir da data da sinatura da acta de comprobación das instalación, pero pode ser renovado por período de catro anos se non existe denuncia por calquera das partes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.