Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de octubre de 2014

A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO É UN DESASTRE




A campaña de libre marisqueo nos lombos do Ulla comezou confirmando as peores perspectivas. Non hai berberecho e apenas hai ameixa. Ante esta situación, moitos mariscadores de Vilanova e da Illa de Arousa xa optaron por enrolarse na ría de Muros e Noia.

Dúas horas no mar chegan para comprobar o que era un segredo a voces. 

Noutras zonas coma Cabío ou o Bohído a cousa non está mellor. As capturas cóntanse por unidades, non por quilos. Os mariscadores din que os Lombos eran unha das zonas máis ricas de Galicia en marisco e que hai anos que arrastran esta situación.
Entenden que varios factores inflúen nesta situación. A marteilia, un parasito que afecta o berberecho, é o fundamental. Pero tamén hai outros coma a ausencia de algas, a presenza de marisco foráneo e a intensa chuvia do inverno pasado. Tamén achacan a escaseza as obras do AVE.


 Os patróns maiores da Arousa reuníronse onte en Carril para analizar a evolución dos primeiros días da apertura da campaña de libre marisqueo. O resultado dos primeiros catro días, foi nefasto, co que piden solucións á Consellería do Mar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.