"O 3 de setembro de 2011 comezaba unha nova etapa da historia do socialismo en Cambados co nacemento das Xuventudes Socialistas de Cambados", estas foron as primeiras palabras do seu Secretario Xeral, Ismael Agra na celebración do terceiro aniversario do nacemento da organización político xuvenil en Cambados. 3 anos de traballo e iniciativas a prol da cidadanía.Ismael Agra quixo aproveitar a ocasión para facer un balance positivo destes anos, conseguindo, no eido orgánico, situar a Cambados no mapa do socialismo español trala boa relación coas Juventudes Socialistas de España e no eido político, conseguindo a chegar o proxecto á mocidade cambadesa, resaltando a moi boa relación entre as XSG Cambados e o PSdeG cambadés liderado por Fátima Abal.
Como mostra do anteriormente dito está a toma de posesión de Regina Núñez da acta de concelleira polo PSdeG tralo seu traballo en XSG Cambados, sobre todo no eido da igualdade e os dereitos e liberdades civís.
As Xuventudes Socialistas de Cambados tamén quixeron mostrar o seu total e absoluto apoio á candidata á Alcaldía de Cambados Fátima Abal e destacaron que sexa a primeira muller socialista que opte a Alcaldía en Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.