Os aparellos e o molusco foron requisados polos axentes na ría do Burgo, na zona da Pasaxe, na que identificaron a 16 persoas. En concreto os obxectos requisados polos axentes nesta zona son unha embarcación de madeira sen nome e sen folio, 5 raños, 6 pranchas de poliespán, 6 corchos, 3 capachos e 2 redes.
Por outra banda, no marco da mesma operación, os axentes de Gardacostas e da Policía Autonómica identificaron na ría de Arousa, nas zonas de Barraña e Mañóns en Boiro, a 17 persoas mariscando de xeito ilegal. Estas persoas lanzaron ao mar o marisco que extraeron e os útiles que estaban a empregar.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.