A comarca do Salnés despídese do verán xa que se verá afectada por unha borrasca que entra polo oeste provocando durante este luns unha xornada de inestabilidade atmosférica e presenza de chuvascos. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos e moderados de compoñente sur.
As baixas presións situadas no Atlántico continuarán achegándose a Galicia e, a medida que se vaia achegando o fin de semana, as temperaturas situaranse entorno aos 24 graos pero continuará a alta probabilidade de que se produzan precipitacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.