O Concello de Cambados participa a finais de mes no Grand Pavois 2014, unha feira de industria náutica que se celebra en Francia e que pasa por ser das máis importantes de Europa no seu sector. A institución arousán participa neste evento xunto a Portos de Galicia, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, pois todas estas entidades colaboran cos custos da asistencia á feira, que terá lugar entre os días 25 e 30.
Que porto deportivo vai promocionar Luís Aragunde en Francia? "As Joritas" ese porto deportivo sen calado e que con marea baixa non serve?, sen servicios mínimos para que as embarcacións queiran vir?.
Faro de Vigo |
O Concello de Cambados engade que a náutica recreativa "é un filón de negocio e emprego" que pode contribuír "á revitalización do conxunto da economía galega" e neste sentido destacan que Galicia é a segunda comunidade galega pola que pasan ao ano máis embarcacións (unhas 15.000, das que 4.000 atracan), só superada polas Illas Baleares.
E así se refrexa nunha nota de prensa emitida pola Xunta o 29 do pasado mes de agosto.
"Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas de Pedras Negras (O Grove), Portonovo (Sanxenxo), Sanxeno e Combarro (Poio) incrementaron nun 7% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao mesmo periodo do ano anterior, no que recalaran en Galicia 392 barcos destas características. En concreto, Pedras Negras recibiun este ano 69 embarcacións en tránsito; Portonovo, 110; Sanxenxo, 147: e Combarro, 95.
Transporte de pasaxeiros
Durán Hermida deu conta, así mesmo, da actividade de transporte de pasaxeiros de ocio dende os portos da ría de Pontevedra. En concreto referiuse ás viaxes que se realizan durante o verán ás Illas Cíes e Ons, desde os portos de Baiona, Cangas, Moaña, Bueu e Portonovo.
Durán Hermida deu conta, así mesmo, da actividade de transporte de pasaxeiros de ocio dende os portos da ría de Pontevedra. En concreto referiuse ás viaxes que se realizan durante o verán ás Illas Cíes e Ons, desde os portos de Baiona, Cangas, Moaña, Bueu e Portonovo.
A este respecto, explicou que no mes de xullo, segundo os datos aportados polas navieras, foron un total de 20.276 pasaxeiros os que utilizaron este servizo dende os portos de titularidade da Xunta de Galicia. En concreto, con destino Cíes, embarcaron 7.593 pasaxeiros dende Baiona; 4.100 dende Cangas e 2.833 dende Moaña. Polo que respecta aos barcos a Ons, embarcaron neles 4.843 pasaxeiros dende Bueu e 907 dende Portonovo".
Para potenciar algo hai que telo e por desgraza o que hai en Cambados no pode recibir o nome de porto deportivo. Hai que ter caradura
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.