Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de septiembre de 2014

DESESTIMADA A DENUNCIA CONTRA LUÍS ARAGUNDE




A Fiscalía de Pontevedra arquiva a denuncia presentada por Fátima Abal en representación dos Socialistas de Cambados hai uns dias.

Os feitos denunciados refírense  que ao longo de todo o ano 2013 e 2014 o alcalde de Cambados,  Luís  Aragunde, dicta resolucións de alcaldía nas que sistemáticamente levanta os reparos expostos por Intervención do Concello en relación coa confección e contido dos conceptos que se reflicten nas nóminas dos traballadores do concello, tanto funcionarios como persoal laboral.

No auto a Fiscalía fai fincapé en que todo o exposto pola denunciante "supone una acumulación de irregularidades puestas de manifiesto por la interventora municipal, pero no consta que las mismas fueran comunicadas por esta a la Fiscalía o a algún órgano judicial o al Tribunal de Cuentas de la comunidad autónoma". 

Ou sexa que a culpa de que a Fiscalía non siga adiante é culpa da interventora.
Queda claro no auto que as irregularidades existen. A pelota está agora no tellado da interventora municipal, sobre todo para que a sua imaxe e profesionalidade non quede tocada.

Podedes leer o auto na imaxe, pica nela para ampliala.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.