Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2014

CORTES NA AUTOVÍA DO SALNÉS POLO PINTADO DAS MARCAS VIARIAS





 A Xunta de Galicia levará a cabo dende o vindeiro luns, 29 de setembro, o repintado das marcas viarias da autovía AG-41, Autovía do Salnés. Estas tarefas incluirán o tramo comprendido entre a peaxe da AP9 e o novo enlace de Curro, no que tamén se debuxarán de novo as marcas de arcén.
Para repintar as liñas do eixo e beiravías da, así coma dos símbolos e frechas de ambas calzadas, é necesario executar cortes de carril alternativos. Nun primeiro momento, se procederá a cortar o carril rápido, co fin de repintar a liña de eixe, borde esquerdo e símbolos, para posteriormente cambiar o corte ao carril dereito e repintar o borde dereito e símbolos, deixando en todo momento habilitado un carril por sentido para a circulación.
A previsión da Consellería é que estes traballos se prolonguen por un período de tres semáns, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Mentres que nas dúas primeiras semáns, as tarefas se centrarán no tronco, a semana do 13 de outubro se procederá ao repintado do cebrado entre o tronco e os ramais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.