Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de agosto de 2014

RECITAL EN HOMENAXE A CABANILLAS





Este mércores 6 no Auditorio da Xuventude, Recital en homenaxe a Ramón Cabanillas a cargo do profesor xaponés Takekazu Asaka do seu libro Cantata a Ramón Cabanillas, acompañado da pianista Rita Nishakawa e a soprano Miho Haga.
En novembro do 2013 publicouse en Tokio o libro Cantata a Ramón Cabanillas (subtitulado en xaponés Galiza, canzón da alma), da autoría de Takekazu Asaka, que para a súa edición contou coa colaboración da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España e coa da Embaixada de España en Xapón, e tamén coa colaboración do Concello de Cambados.

  Asaka é profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku de Toquio, cidade onde naceu e na que leva moitos anos facendo de auténtico embaixador da lingua e da cultura galegas. En 1993 editou unha gramática do galego moderno para xaponeses, seguida dunha guía de conversación e dun vocabulario básico trilingüe (galego-castelán-xaponés); e anos despois centrouse no estudo da situación social do galego en Galicia e nas comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora onde tamén se fala, á vez que traducía ó xaponés poemas de escritores galegos. No 2009 publicou unha edición bilingüe dosCantares gallegos de Rosalía de Castro e no 2011 un breve estudo e textos de Cabanillas, que agora amplía considerablemente, e tamén o libro Coñecer Galicia, 50 capítulos en xaponés para dar a coñecer Galicia enteira no seu país.

 A soprano Miho Haga graduouse no Departamento de Música Vocal do Conservatorio de Toquio e estudou ópera no Conservatorio de Milán.
 A pianista Rika Nishikawa estudou no Departamento de Piano de Conservatorio de Toquio, cursou o doutoramento no Conservatorio de Madrid e participou nas xornadas de “Música en Compostela”, onde coñeceu Antón García Abril, que musicara textos de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanillas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.