Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de agosto de 2014

DOUS PREMIOS PARA O ROSAL E UN QUE QUEDA NA CASA







 

A Festa do Albariño de Cambados rematou co tradicional xantar albariñense, ao que asistiron máis de 800 comensais, dos que nunca se sabe quen paga ou non, onde se entregaron os premios da Cata Concurso Rías Baixas Albariño. Nesta ocasión o gañador foi o viño Abadía de San Campio da adega Terras Gauda do Rosal. Unha adega que xa fora recoñecida neste certame no ano 1993. 
O segundo premio foi tamén para o Rosal, para o Albariño Quinta de la Erre da adega do mesmo nome que rexenta o matrimonio José Santiago Rodríguez e Eva Rubal. Unha empresa esta, Quinta de la Erre, de recente creación, que aposta por manter a tipicidade da zona de Eiras, onde naceron os caldos do Rosal.
 A medalla de bronce quedou na casa; na adega Lagar de Costa, de Castrelo. Este recoñecemento premia o saber facer dunha adegueira nova que procede dunha familia de fonda raizame na viticultura. Xunto ca entrega de premios, cabe salientar neste xantar a lectura do pregón por parte do embaixador
xaponés Satoru Satoh; quen tamén ven de ser escollido Cabaleiro do Albariño. Xunto co embaixador, tamén estivo presidindo o xantar o Presidente da Xunta, que aproveitou o seu discurso para gabar, como pode ser doutro xeito, o traballo cada vez máis esixente de viticultores e adegueiros desta D.O..




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.