QUEN
DESPRESTIXIA A CAMBADOS E AO ALBARIÑO?
O BNG RESPOSTA A LUÍS ARAGUNDE
Así o di nunha nota pública
Hai
un dito popular que lle cabe como traxe á medida ao alcalde de
Cambados
“Cando o sabio sinala a lúa o necio mira para o dedo”.
O
pasado mércores traballador@s da piscina que levan meses sen cobrar
e usuari@s dese servizo municipal que periga neste momento
organizaron unha protesta diante do concello que é o único
responsábel desta situación, e a esa protesta tamén asistiron
veciñ@s que amosaron a súa solidariedade c@s traballador@s e
preocupados polo posíbel peche da piscina municipal. E asistimos
tamén membros do BNG, craro que sí porque por moito que lle
incomode a Luis Aragunde e ao PP o BNG seguirá defendendo os
intereses dos veciñ@s do noso concello nas institucións e na rúa
como fixemos sempre, algo que non fai el pese a cobrar un salario
público.
Quen
verdadeiramente desprestixia a Cambados é un alcalde que:
Coa súa nefasta xestión está a poner en perigo a continuidade deste servizo co prexuízo que a súa desaparición tería para @s usuari@s e coa conseguinte destrución de postos de traballo.
Non moveu un dedo para defender os xulgados de Cambados fronte a intención do goberno do Cabaleiro do Albariño Mariano Rajoy de eliminalos deixando a Cambados e aos concellos do redor sen un servizo fundamental e provocando uns danos incalculábeis na economía da nosa vila.
Que mantén a Festa do Albariño como un coto pechado do Partido Popular permitindo que sexa inaugurada por unha Conselleira que non ten feito nada polo sector sendo ademáis a responsábel da crítica situación pola que está a pasar nestes momentos outro sector económico básico do noso concello como é o Mar.
Permite que o delincuente Jaume Matas actualmente en prisión cumprindo condena manteña a condición de Cabaleiro do Albariño manchando así o nome do noso concello.
Non adopta medidas para que a festa sexa participativa e un verdadeiro escaparate do sector, e só está preocupado en que cada ano se superen records de botellas como se estiveramos diante dun simple botellón.
Cada vez que hai un problema o único que fai é prometer pero nunca solucionar e cando alguén lle pide explicacións todo son excusas.
O
BNG esixe a Luis Aragunde que busque unha solución xa ao problema da
piscina municipal e que non busque excusas, i en canto á festa do
Albariño o BNG leva presentado suficientes propostas para
prestixiala e convertila nunha festa participativa de todo Cambados
sen distincións políticas, propostas que sempre foron rexeitadas
por un Partido Popular que a convertiu no seu coto privado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.