Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
22 de agosto de 2014
LER CONTA MOITO CHEGA A CAMBADOS
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despide o mes de agosto con novas actividades de dinamización da lectura do programa Ler conta moito, que nos vindeiros días continuará o seu percorrido pola Rede de Bibliotecas de Galicia a través dos concellos de Cambados, Valga, A Coruña, Ponte Caldelas, Carballo, Abegondo e Xove. Serán un total de 18 sesións para se achegar aos libros a través da música, da banda deseñada, da maxia, da fotografía e da palabra.
O luns 25 de agosto, ás 11 horas, o municipio de Cambados acollerá unha nova sesión da actividade ‘O lapis máxico’, un obradoiro creativo de propostas escénicas a cargo de Teatro Buratini no que mozos e nenos a partir de 6 anos poderán descubrir os segredos dunha representación teatral.
Máis información aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.