Hai un par de dias publicábamos que os Socialistas de Cambados presentaran unha serie de preguntas para que o alcalde as resposte no vindeiro pleno.
Preguntas que necesitan ser contestadas de forma clara, non con monosílabos nin deixalas para outro dia.
As preguntas están repartidas en 7 temas diferentes e que vedes a continuación.
DEPURADORA DE "O FACHO"
1.-Respecto á depuradora de aguas de O Facho, cando se vai solucionar o problema dos continuos desbordamentos que se veñen producindo desde hai moito tempo, por culpa da Depuradora e do posterior vertido ó mar, deixando a praia nun estado lamentable e poñendo en perigo as especies mariñas que alí se crían e das que dependen moitas familias para poder traballar?
2.- Cando se van solucionar os continuos cheiros que esta Depuradora emite a diario desde hai tamén moito tempo e que provocan un gran malestar ós veciños desa zona?
CARTEL NA ROTONDA
1.- Desde cando estaba tomada a decisión de colocar ese cartel?
2.-Cales son as razóns polas que se contrata sempre ó mesmo escultor?
3.-Houbo diferentes deseños de ese cartel ou foi inspiración básicamente do escultor? O resultado final por quen foi decidido?
4.- Canto costou o cartel?
5.- Con cargo a que partida se vai pagar este cartel?
6.-Imaxinamos que esa escultura custou máis dos 7000€ que se adicaron ás axudas escolares, non se da conta este Concello de que nun Concello de catorce mil persoas, con máis de 50 familias cobrando a Risga e algunhas máis acudindo a Cáritas e a Amigos de Galicia a buscar de comer para os seus fillos, deben primar as persoas e non a estética do propio Concello?
Ata cando esta actitude por parte do Partido Popular deste Concello só de fachada? De verdade facía falta gastar esa cantidade de cartos sabendo as necesidades que están a sufrir moitos veciños de Cambados?
7.-Por qué os demáis membros que formamos parte desta Corporación, sempre nos temos que enterar destes gastos inútiles e tan cuantiosos cando xa están feitos?
8.-Recordamos que seguimos a agardar unha resposta razonada e sobre todo racional de quen pagou finalmente a estatua de Fraga e que levamos esperando esa resposta razonada e racional dous anos posto que a situación aínda non foi aclarada nin desde o sector vitivinícola que nega que a pagase nin desde o propio Concello.
RPT
1.-Como se acostuma en Cambados, este grupo da oposición ten que enterarse das actuacións deste Concello, coma sempre, por medios externos ó propio Concello. Temos entendido que se está negociando a nova RPT, pero que non se chega a un acordo cos sindicatos, é certo?
2.-Cales son os puntos que os sindicatos non aceptan da nova RPT?
3.- Presentan os sindicatos algunha proposta pola súa parte? Vai ser aceptada esa proposta?
4.- É certo que a proposta do Concello da nova RPT contén postos de nova creación para xente que xa está prestando servizos ó Concello e que teñen unha vinculación directa co PP de Cambados? Acaso o goberno de Mariano Rajoy xa levantou a prohibición de crear novos postos nos Concellos e tampouco se nos informou?
5.- É certo que na nova RPT auméntaselle o soldo só a determinadas persoas de confianza do Alcalde é non ó resto dos traballadores do Concello, coa única finalidade de xustificar gratificacións que se lle pagan mensualmente a maiores na súa nómina?
6.- Se a RPT presentada polo Concello non é apoiada polos sindicatos, e manifesta unha serie de ilegalidades e de privilexios a determinadas persoas, polo que tampouco contará co voto a favor da oposición, pretenderáse aprobar contando só coa maioría absoluta do PP no Concello de Cambados ou se vai buscar un entendemento e un acercamento de posicións entre Concello e sindicatos para evitar que remate nun contencioso administrativo?
DENUNCIAS
1.- Respecto á denuncia feita por un particular e con Rexistro de entrada no Xulgado de Instrucción de Cambados o 1 de agosto de 2014, no que se denuncia “á Corporación Municipal de Cambados, e ó seu Rexidor, por incurrir presuntamente nun delito tipificado no artigo 404 do Código Penal“
Levouse a cabo xa algunha actuación por parte do Alcalde respecto á esta denuncia?
Podería informarnos neste Pleno, como Corporación Municipal que somos, máis aínda sendo como somos mencionados nesta denuncia, os motivos polos que o Alcalde presuntamente incurre nun delito de prevaricación.
2.-Respecto á denuncia presentada no Xulgado de Cambados e con data de Rexistro de Entrada o 8 de Agosto de 2014, na que se denuncia a determinados Axentes membros da Policía Local de Cambados por un presunto delito de usurpación de funcións públicas, e na que tamén se denuncia á Asesoría Xurídica e á Secretaría do Concello por un presunto delito de tráfico de influencias e cohecho
Levouse a cabo algunha actuación por parte do Concello respecto a esta denuncia?
Dado que se trata de acusacións moi graves, podería explicar en que feitos pode basar este denunciante as súas sospeitas para que presuntamente os acuse de tales delitos?
AXUDAS A UNIVERSITATIOS
O Sr. Alcalde publicitou no pleno de aprobación dos orzamentos do Concello de Cambados e reiterou no seguinte Pleno, como así consta na Acta do 24 de abril de 2014, o seguinte “o seu grupo non vai a apoiar a moción toda vez que non se axusta á realidade pois o Concello xa adica 7000€ a estas axudas e se ben coa nova lei non terá competencias na materia a nivel universitario non se quere deixar a ninguén sen axuda polo que se prevé vía emerxencia social”.
- Finalmente esa partida vaise destinar ás axudas a estudantes universitarios ou de estudios superiores?
- En caso de ser así, cómo pode un estudante universitario acceder a devanditas axudas, xa que non se publicitaron en ningún lado?
- No caso de que xa non existan esas axudas, qué é o que sucedeu para que en só 3 meses esa partida destinada ás axudas universitarias desaparecese?
- Vai a realizarse unha comisión para informar os grupos da oposición dos niveis educativos e os preceptos ós que se adicarán os 7.000 euros, tal e como o Sr. Alcalde afirmou en Pleno o pasado 24/04/2014?
- Se esa partida asignada a axudas universitarias e estudios superiores, de emerxencia social, finalmente non se destina a ese fin, aprobarase unha transferencia extraxudicial de crédito con cargo a esa partida para pagar alguna factura que apareza? PISCINA

2.-É certa a noticia que saíu na prensa de que unha empresa se vai facer cargo da Piscina no mes de setembro? Cal é a empresa que se vai facer cargo?
3.- Cando se vai facer o concurso para a adxudicación formal do servicio?
4.- Se non se presenta ninguén que é o que se vai facer por parte do Concello? Vai a asumir o servicio?
POLICÍA LOCAL
- Que ocorre coa Policía Local de Cambados? Cales son os problemas que teñen co Concello?
- A que se debe o enfado dos policías locais, razón pola cal, como todos é sabido, coma sempre neste Concello pola prensa, empezaron a multar dun xeito desproporcionado no último mes?
- Ata cando os cidadáns imos a ser os perxudicados entre este tira e afloxa entre o Alcalde e a Policía Local?
- Ten pensado o Alcalde negociar con eles ou abrir algunha vía de negociación para que non sexamos os cidadáns os que paguemos as consecuencias?
- É consciente de canto está perxudicando esta situación non só ós conductores polas cuantiosas multas, senón tamén os comerciantes e posibles compradores que desisten de vir comprar a Cambados por medo a non atopar aparcamento ou a que os multen?
6.- Cómo se vai resolver o problema dos aparcamentos en Cambados, tendo en conta que os días de mercado xa non había onde deixar o coche e agora cada vez hai menos sitios? Cal é a solución que se propón?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.