Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de agosto de 2014

A VERTEDURA DE TRAGOVE É MOI GRAVE





A confraría de Cambados denuncia que a vertedura que afectou a zona de produción de navalla e vieira no porto de Tragove na zona das Touzas de san Alberto é máis grave do que pensaron inicialmente.
Aseguran que, mesmo os exemplares afectados por unha substancia esbrancuxada que conseguiran sobrevivir inicialmente, están case todos mortos. Tras denunciar o caso no Seprona e na administración, agardan contestación pois  polo momento non obtiveron resposta.

Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar informan de que están en contacto coa confraría de Cambados e que están a investigar os feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.