Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de agosto de 2014

A POLICÍA LOCAL GOLEA A ARAGUNDE




A partir de  hoxe aparcar na Praza de Fefiñáns en Cambados conlevará sanción. A Policía Local avisa de que desde este luns multará ós que estacionen neste emblemático lugar; unhas duras medidas contra as que protestan os comerciantes.
Será posible quitar fotos do Pazo de Fefiñans sen vehículos aparcados ó seu carón?. E o resto do conxunto da plaza?
Esto será debido á campaña de sancións que vai a emprender a Policía Local nesta Praza para evitar que se siga estacionando. Fai tempo que están as sinais postas que só permiten parar pero ate o de agora os axentes facían a vista gorda. 
Unha medida que debera ir acompañada coa prohibición de circular pola  palza a calquer vehículo a motor.
Quen aparque en Fefiñáns terá que facer fronte a unha multa de 200 euros, amais dos 50 euros de retirada da grúa. 
A medida non deixa de ser un paripé posto que os veciños e turistas poderán seguir aparcando no espazo de terra que hai debaixo das árbores. 
Zona Aberta, veciños de varias rúas (Borrón, Curros Enríquez entre outras) reclaman o cesamento das hostilidades entre o Governo municipal e a Policía Local. 
O alcalde falou da creación de bolsas de parking nas zonas da Rúa Nova, o Salnés ou a rúa Atlántico, pero nada se avanza no tema.

Mentres a Policía Local gaña por goleada no seu enfrontamento con Aragunde.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.