A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO
Hai exáctamente un ano a Banda Unión Musical de Meaño, conseguía o primeiro premio "World Music Contest de Kerkrade", considerado un auténtico mundial de bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo.
Competía en primeira división xunto con 19 formacións de distintas nacionalidades e obtivo tras a súa actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100. En
segundo lugar a Old Harmony Eijsden do Países Baixos, con 95,75 puntos,
e en terceiro lugar Harmonieorkest de Volksgalm de Belgica con 94,75.
A
Banda Unión Musical de Meaño convertíase así na primeira banda galega en
conseguir este posto de tan prestixioso mundial. A devandita banda, encabezado pola directiva e os 92 compoñentes desta agrupación,
partira cara a terras holandesas o martes 23 de xullo do 2013, cargados
de ilusión, pero feitos un mangado de nervios debido á gran
responsabilidade que supoñía para estes músicos participar nunha
competición bandística de tan alto nivel.
Así volo contamos en A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO
Así volo contamos en A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.