Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta HEMEROTECA.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HEMEROTECA.. Mostrar todas las entradas

28 de julio de 2014

TAL DIA COMA HOXE.....



A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO

Hai exáctamente un ano a Banda Unión Musical de Meaño,  conseguía o primeiro premio "World Music Contest de Kerkrade", considerado un auténtico mundial de bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo.
Competía en primeira división xunto con 19 formacións de distintas nacionalidades e obtivo tras a súa actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100. En segundo lugar a Old Harmony Eijsden do Países Baixos, con 95,75 puntos, e en terceiro lugar Harmonieorkest de Volksgalm de Belgica con 94,75.
A Banda Unión Musical de Meaño convertíase así na primeira banda galega en conseguir este posto de tan prestixioso mundial. A devandita banda, encabezado pola directiva e os 92 compoñentes desta agrupación, partira cara a terras holandesas o martes 23 de xullo do 2013, cargados de ilusión, pero feitos un mangado de nervios debido á gran responsabilidade que supoñía para estes músicos participar nunha competición bandística de tan alto nivel.

Así volo contamos en A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO





22 de julio de 2014

TAL DIA COMA HOXE.....





Comezamos hoxe facendo un recordatorio a algunhas novas ocurridas tal dia coma hoxe....................
Cada  dia iremos publicando algunha nova ocurrida en Cambados e non necesariamente publicadas por nos.

Imaxe da TVG
Rouban no centro de terapia con animais para discapacitados de Cambados. 
Nova do 22/07/2013


Os ladróns forzaron dúas portas para acceder ao interior da planta baixa do centro e gabearon polos cables da fachada para entrar no segundo andar e levaron todo o que había.

O centro, que leva aberto un ano e medio, ofrece terapia con cans a persoas maiores e nenos. A falta de material obrigou a suspender as actividades previstas.


O material roubado supera os dous mil euros.