Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2014

O PARO BAIXA EN GALICIA PERO, A CAMBIO DE QUÉ?



Galicia pechou o mes de xuño con 11.134 parados menos que no mes de maio, o que en termos porcentuais se traduce nunha baixada do 4,23 por cento. Trátase do maior descenso da serie histórica nun mes de xuño en termos absolutos, isto é, desde o ano 1996.
A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, valorou estas cifras e recordou que a comunidade presenta tamén unha diminución do paro a nivel interanual: 21.124 desempregados menos, un 7,73 por cento.
Así, este mes rexistrouse a oitava baixada interanual consecutiva, e a maior de todas elas, desde que comezara esta tendencia a finais do ano 2013. Grazas a esta evolución, “actualmente hai en Galicia uns 17.000 parados menos dos que había no mesmo mes de 2012, o que supón volver a niveis de desemprego de hai dous anos”.

Son estas cifras unhas boas cifras? 

Os sindicatos e partidos da oposición critican o enganoso e o tratamento  dos datos que fai a Xunta de Feijóo.
Os datos veñen a confirmar a extratexia de precarización do mercado laboral que impulsa o Goberno. Se segue a incrementar a diferenza entre sexos, o paro das mulleres descende menos có dos homes; e que por primeira vez na historia do país hai máis traballadores con contratos temporais (50,5%) ca indefinidos.
Os datos non poden agochar a realidade, contratos de miseria (peor que basura), ante o empobrecemento dos que topan un emprego. Estase a cambiar desemprego por salarios de miseria; emprego a conta de traballadores pobres, precariedade e indignidade laboral. O Goberno está a conseguir o obxectivo da reforma laboral: poñer en nómina a explotación.
A todo esto engadir o número de galegos que marchan fora. Polo que entre os que atopan emprego e marchan as cifras xeran bos números pero non bos datos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.