Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2014

O ÚNICO PEOR A QUE FALEN MAL DE TI É QUE NON FALEN






O concello de Cambados quere por unha foto de Filipe VI bebendo albariño no salón de plenos. E vaina por sí ou sí. Así o dixo o alcalde Luís Aragunde. Si desde Casa Real danlle o visto bo presidirá o salón de plenos e si non é así poranna en calquer outra parede. 
A medida ten dous lados. Porqué? Pois non nos parece lóxico que queiran por esa foto cando no seu mesmo partido intentan facer unha lei na que incluir o viño, tamén a cervexa ou a sidra, como droga e igualalas as bebidas destiladas.
Así como, que tendo outras fotos coa capa de Cabaleiro do Albariño podían usar estas.

Esta foto terían que recortala
Pero, como vemos en varios casos no PP non saben que facer. Non se poñen de acordo en leis tan importantes como a Reforma Xudicial, na Lei do aborto hai voces discordantes, ou mesmo Feijóo di de alguén do seu partido que vai ser xulgada non é culpable pero os doutros partidos si o son.

Por outra banda si con esto queren facer propaganda de Cambados e da Festa do Albariño, polo de agora non ten moita repercusión. Pero de chegar a niveis nacionais xa imaxino a certas canles apoiando, o lado positivo, a medida e outras non tanto co negativo que pode ser.
Pero como dixo Oscar Wilde "o único peor a que falen mal de ti é que non falen de ti", ou o que dixo Salvador Dalí, "que falen de min aínda que sexa ben".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.