Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de julio de 2014

Manifesto acordado hoxe polo presidente da Deputación e os 13 alcaldes da provincia de Pontevedra afectados polo Proxecto de reforma da Planta Xudicial





O presidente da Deputación de Pontevedra e os alcaldes de Lalín, A Estrada, Pontevedra, Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Marín, Cangas, Redondela, Vigo, O Porriño, Ponteareas e Tui –concellos directamente afectados polo Proxecto de reforma da Planta xudicial que tramita o Goberno e que suprimirá os actuais partidos xudiciais– reunidos na sede da Deputación de Pontevedra, acordan remitirlle ó ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, o seguinte MANIFESTO:

1º. Galicia e, en particular, a provincia de Pontevedra –con dúas grandes cidades, Vigo e Pontevedra– teñen unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as particulariza, individualiza e distingue fronte a outras comunidades e provincias do Estado.
2º. A crise demográfica, o avellentamento da poboación, o maioritario asentamento dela arredor do Eixe Atlántico, pivotando sobre Vigo e Pontevedra, e o despoboamento da zona rural, son gravísimos problemas estruturais que van máis alá de siglas e cores políticas e que nos xuntan a todos no obxectivo de poñerlles freo e propiciar un reequilibrio territorial que asegure a supervivencia e aínda o futuro da nosa comunidade e da nosa provincia.
3º. Neste común obxectivo de reequilibrar o territorio, a costa e o interior, o Proxecto de reforma da planta xudicial suporía, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais, un prexuízo evidente á vista do indubidable efecto vertebrador que a actividade xudicial implica nas zonas onde se desenvolve actualmente.
4º. Prexuízos que, entre outros, van desde o aumento do custo do acceso á xustiza, debido ó afastamento dela do cidadán, ata as consecuencias socioeconómicas que a desaparición dos xulgados traería consigo en todos os sectores das comarcas, pasando pola perda da identificación psicocultural que cada persoa ten coa súa contorna e que agravaría a actual redución da poboación ó careceren as capitais comarcais de servizos fundamentais.
5º. Por todas estas  razóns, o presidente da Deputación de Pontevedra e mais 13 alcaldes acordamos solicitarlle ó Goberno que paralice a súa tramitación e a elaboración dun estudo pormenorizado do mapa xudicial, que teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha lei acorde coa realidade e coas particularidades da nosa provincia, e que teña en conta  seu  futuro.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.