O grupo socialista na corporación Cambadesa presentou esta mañán varia preguntas sobre oito diferentes temas para que sexan contestadas no vindeiro pleno do xoves 26.
Sobre SOGAMA duas das cuestiós son as seguintes:
Cál será a cantidade que vai a ter que pagar cada fogar cambadés ó mes pola suba do canon de SOGAMA?
Considera de recibo, que o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, califique de “algarabía“, a labor dos alcaldes que están a defender e reclamar aos seus veciños e veciñas pola suba abusiva e inxusta do canon do lixo?.
En relación coa noticia de que unha sociedade de Cambados mercou Alimentos Arosa para edificar vivendas.
1.- É certa a noticia de que Alimentos Arosa foi comprada pola empresa Gorinver Salnés SL?
2.- Existe Proxecto de obra da empresa Gorinver Salnés SL no Concello?
3.- Cal é calificación do solo no que se atopa Alimentos Arosa?
4.- Está o terrreo afectado polo Plan de Protección do Conxunto Histórico Artísitico?
5.-Cales son as obras que van correr a cargo da Deputación de Pontevedra?
Sobre a recén constitída AENOTUR tamén son varias as cuestións entre elas as seguintes:
1.- Quenes son os socios fundadores?
2.- Cantos socios de número ten a día de hoxe?
3.- Cantos colaboradores?
4.- Cantos socios de honor ten esta Asociación?
5.- Cando se vai elaborar o Plan Director de Densenrolo do Enoturismo?.
Sobre os comedores escolares tamén preguntan os socialistas cambadeses:
Ten o Concello previsto poñer en marcha un “Plan de apoio á Alimentación Infantil”, como o proposto polo PSOE, que garantice a apertura dos comedores escolares da localidade durante a temporada estival dirixida a nenos e nenas en risco de exclusión social, dende o 1 de xullo ata o comezo do próximo curso escolar?
Sobre as axudas aos libros de texto.....
Dado que o prazo é soamente dun mes, por qué esta axuda, a día de hoxe non foi aínda publicada na páxina web do Concello de Cambados, como se acordou con anterioridade respecto ás axudas municipais para universitarios?
2.- Esta axuda ten como finalidade de adquisición de libros de texto e material escolar e é incompatible con calquer outra axuda que puidera percibirse para a mesma finalidade, tendo en conta que este ano a axuda da Xunta é únicamente para a adquisición de libros de texto e non é válida para o material escolar, quere isto dicir que a axuda municipal sí é compatible coa axuda da Xunta?
Sobre a limpeza de rúas:
1.- Contratou o Concello a algunha persoa que mediante un tractor estea realizando tarefas de limpeza de herbas e maleza no rural?
2.- Cando se van realizar as tarefas de limpeza de herbas da Estación de Autobuses que dan unha pésima imaxe ó centro de Cambados?
3.- Na Avenida do Salnés, a maleza dalgunhas fincas invade a acera e impide ós peatóns ir pola mesma, o mesmo ocurre na Avenida Rosalía de Castro, e na Avenida de Vilagarcía, levan así prácticamente todo o inverno, cando se vai resolver esta situación para que a xente poida camiñar pola acera e non pola estrada?
Sobre a nova normativa de festexos tamén preguntan:
1.-Con respecto á nova normativa (Lei 9/2013, de 19 de Decembro, artigo 41, apartado c)), que regula a concesión de permisos para a organización de espectáculos públicos, informou o Concello ás comisións de festas das parroquias desta nova normativa?
2.- Nesta Lei se lles obriga a presentar un proxecto, asinado por técnico competente, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Tamén teñen que presentar, entre outra documentación, plan de emerxencias, plan de auto protección, estudo da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria.
Xa se está aplicando a Lei?
Ten pensado este Concello algunha fórmula de aplicación menos complexa e custosa que a recollida no artigo 41 c) desta nova normativa?
3-Posto que se trata dun trámite que conlevará un gasto extra que moitas Comisións non poderán asumir, vai colaborar o Concello coas Comisións tanto de xeito económico como para facilitarlles a presentación da documentación que deben achegar?
4.- Fixo este Concello alguna manifestación pública en contra desta normativa tan complexa?
As preguntas relativas a postos de traballo tamén entran no pleno.
1.- Respecto á convocatoria do Inem para ocupar un posto de Técnico en Turismo no Concello de Cambados, onde foron publicadas as bases para este posto?
2.- Cales son os criterios polos que se escollía a unha u outra persoa se os exames foron diferentes?
3.-Por qué se fixo a entrevista persoal en diferentes linguas? Cómo se pode puntuar que unha persoa fala mellor en inglés que outra en francés, tendo en conta que a segunda fala o inglés tamén correctamente e a mairoes ten unha lingua máis?
4.-Teñen os componentes do Tibunal examinador un título acreditativo do coñecemento das linguas nas que se realizaron as diferentes entrevistas personais?
5. Cómo é posible que a persoa que acredita co seu currículo ter coñecemento de máis idiomas recibe menos puntuación que unha persoa que acredita coñecer menos linguas?
6.-Cómo pode esta mesma persoa sacar máis nota no exame escrito e logo menos nota na entrevista oral a porta pechada, na que se debe explicar o xa escrito?
7. Por qué desde o Concello o día da entrevista se informa de que a persoa seleccionada fixo a entrevista persoal en alemán e logo ante unha reclamación escrita o Concello contesta que a entrevista se fixo en inglés?
8.- Soe ser habitual neste Concello este tipo de irregularidades e soe primar máis a nota da entrevista persoal a porta pechada que o propio exame de coñecementos por escrito?
9.- A persoa seleccionada traballou xa nalgún momento neste Concello ou nalgún outro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.