O próximo fin de semana disputarase nos concellos de Meaño e Cambados a terceira edición da Ruta do Albariño para ciclistas das categorías Junior e Sub 23 baixo unha iniciativa da Federación Galega de Ciclismo que trata de compatibilizar a participación dos mozos de 17,18 e 19 anos que, coa maioría de idade, sepáranse co cambio de categoría.
Xa o domingo será Cambados quen acolla a etapa cun circuíto de 23 Km. ao que haberá que dar 3 voltas con pasos por Pontearnelas e Ribadumia e o paso puntuable para o Premio da Montaña por Padrenda.
Confirmaron a súa presenza os equipos Zugor- Arte en Transfer de León, Muta de Levante de Alcoy e o Sanse Spiuk de San Sebastián dos Reis conjuntamente coa totalidade do pelotón junior e sub 20 galegos que reunirá a máis de 70 corredores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.