Un novo retraso e van.....
As poucas ganas de facer as cousas demóstranse claramente co pavillón do colexio como antes se demostrou co Centro de Día.
O colexio Antonio Magariños (Cambados) xa non terá o seu pavillón para o inicio do próximo curso escolar, en setembro, con total seguridade. O que era algo primordial, e que ía ser tratado con urxencia foi quedando no olvido ou nos caixóns da mesa dalgún político ou asesor.
Pais e profesores do colexio cambadés levan anos pedindo esta obra tan necesaria, pois na actualidade teñen só unha pista cuberta que non serve cando chove e venta e no que o frio do inverno fai estragos. A principios de novembro do ano pasado houbo unha reunión entre a comunidade educativa do Magariños e a administración. Acudiron o xefe territorial, César Pérez Arias e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Nesa reunión os responsables da Xunta comprometéronse a realizar "unha valoración económica e técnica" da intervención, e a convocar posteriormente de novo á comunidade educativa cando houbese novidades. O propio Tourís catalogou as obras como "prioritarias". Pero sete meses logo desa reunión, a Xunta aínda non terminou o proxecto definitivo da obra.
Nin a Dirección nin a ANPA do centro teñen novas da obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.