Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de junio de 2014

RECLAMAN EN SANTIAGO O TRONO GALEGO PARA FROILÁN






Varias ducias de persoas concentráronse na praza do Toural, en Santiago, nunha mobilización con moita retranca convocada pola "Asociación Froilanista". Pediron que o fillo maior da infanta Elena sexa coroado rei de Galicia.

Con berros de "somos froilanistas, nunca felipistas" ou "co neto de Juancar iremos ó Maycar", en alusión a un local de copas de Santiago, dixeron que Froilán e a esperanza do reino de Galicia.

Facendo honra a outra das súas consignas, "os froilanistas somos os novos carlistas", había boinas azuis, algún disfraz de cura, ademais de coroas de cartón e unha bandeira do reino suevo.

Para o trono de España tamén teñen unha reivindicación: piden que se convoquen primarias "á galega" para que a infanta Elena se poida presentar. Argumentan que ela é a primoxénita do Rei Xoán Carlos.

Trala concentración, fixeron un "rodea a fonte do Toural" e despois marcharon nunha festiva manifestación polas rúas de Santiago, con escala obrigada na rúa dos viños
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.