Esta fin de semana pasada celebrouse na Illa de Arousa o torneo Alevín "Illa CUP"
26 equipos participaron nesta edición e tras unha fase de clasificación dura 8 equipos loitaron polo título.
Tras os cuartos de final os catro favoritos xogáronse nunhas eliminatorias abertas o torneo. Pontevedra, Céltiga, Arousa e Cambados cruzáronse nas semis. Cambadeses e isleños xogaron unha semifinal caendo esta do lado cambadés por 3 tantos a 0. A outra semifinal enfrontou a Pontevedra e Arousa sendo os arousáns quenes se impuxeron na tanda de penaltis.
Na final adiantouse o Cambados pero o cansanzo a baixa para este partido dun xogador cambadés e a superioridade do Arousa fixo que deran a volta ao marcador impoñéndose por un 3 a 1 que indica o nivel dos vilagarcianos cun banquiño máis amplo.Desde aquí a noraboa aos nosos veciños e felicitar tamén aos nosos xogadores que teñen por diante dous torneos máis para disfrutar e tentar gañar.
Pero o importante coma sempre e o compañeirismo e pasalo ben.
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.