Onte pola tarde os veciños e hoxe pola mañán os comerciantes atopáronse coa sorpresa de ter cortada ao tráfico a rúa Isabel II.
Sen previo aviso o concello de Cambados pechou de forma temporal, ou así o supoñemos pola maneira, a rúa Isabel II co consabido enfado de algúns veciños e comerciantes. Incluso unha furgoneta con material de obra para a remodelación dun dos "dazasete" locais que se atopan no entorno desa rúa(segundo Aragunde e Tourís) que se dipoñía a acceder a ela tivo que facer maniobras prohibidas para achegarse a dito local.
Recordemos que esa rúa ía ser cerrada ao tráfico hai un par de meses, para o cal foron dispostas varios sinais, e nunha decisión de última hora todo mudou. Agora coa oposición de algúns veciños que necesitan, por idade ou enfermidade e de comerciantes aos que o que máis lles molesta é a forma de facer as cousas o concello decide unilateralmente cortala.Sabida é a forma de traballar desde o concello i esta é outra das moitas demostracións da dictadura a que está sometido Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.