Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
20 de junio de 2014
ESTÁN EN PERIGO AS VERBENAS?
A Xunta de Galicia ven de aclarar de forma xenérica as dúbidas xurdidas sobre as autorizacións municipais para verbenas e festas populares.
No caso das verbenas e festas populares, a exixencia de licenza municipal xa viña establecida no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, e o que se se pide é garantir que o escenario ou estrutura móbil reúna as condicións de seguridade para o desenvolvemento da actividade que se pretende realizar, consonte sempre a normativa aplicable. A nova norma plasma os requisitos que xa eran necesarios como consecuencia da aplicación da normativa que lle é propia.
As entidades locais son as competentes para outorgar as licencias en materia de verbenas e festas populares, no caso de que estas sexan necesarias. As verbenas e festas populares sen instalación ou escenarios móbiles, non precisarán de licenza municipal, resultando suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao Concello.
Nos casos en que sexa necesaria a licenza municipal porque se vaia a utilizar un escenario ou estrutura móbil, é necesario presentar un proxecto técnico que aporte o seguro de responsabilidade civil, información sobre o tipo de espectáculo, previsión aproximada de asistencia de público e horario da actuación, un Boletín eléctrico da instalación (asinado por un técnico competente), e a declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo acreditativo do estado de idoneidade do mesmo (asinado tamén por técnico competente).
Ademais, cumprindo ca lexislación vixente e en aras da máxima seguridade para os cidadáns, o Plan de autoprotección será esixible nos casos seguintes en espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas, ou cunha altura de evacuación igual ou superior a 28 m; en instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforo igual ou superior a 2.500 persoas; e ao aire libre, en xeral, aquelas cunha capacidade igual ou superior a 20.000 persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.