Este vindeiro sábado 21 PODEMOS Cambados vai celebrar a sua segunda asemblea.Tras quedar satisfeitos da sua primeira asemblea volven a celebrar unha segunda para tentar seguir avanzando e crecendo.
Redactar os estatutos entre todos os veciños interedados e tentar definir que se fará nas vindeiras eleccións locais son cousas que se tratarán nesta asemblea e nas seguintes.
A cita o sábado 21 as 20:30 no segundo andar da estación de autobuses de Cambados.
Por outro lado dende o seu perfil de facebook aseguran que neste pobo PODEMOS comeza a ser temido dende o goberno local e así o din:
"Neste pobo comezan a ternos medo. Onte pola noite fun a colocar os carteis da proxima asamblea e o 80% dos carteis da semana pasada estaban tapados con outros carteis. Chamoume especialmente a atencion o caso do que puxen na porta que esta a caron do Gadis, un cartel do concello do mesmo tamaño co noso estaba colocado con todo o coidado xusto enriba do noso para que non se vira nin unha esquiniña. Isto so fai encherme ainda mais de valor e ter mais ganas por cambiar este pobo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.