Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2014

CONFERENCIA SOBRE JULIO CAMBA EN VILAGARCÍA




O sábado 28 de xuño celebrarase unha conferencia sobre o anarquista e periodista de Vilanova Julio Camba as 21:30 na sede da CNT en Vilagarcía de Arousa (Alexandre Bóveda 2, 3º, edificio de los sindicatos). A conferencia será impartida por José Ángel Maquieira, quen está facendo a sua tesis doctoral sobre Julio Camba.

Julio Camba naceu nunha familia de clase obreira en 1882, e a os 13 anos escapou da sua casa para embarcarse coma polizón nun barco para a Arxentina. Na cidade de Buenos Aires introduceuse nos círculos anarquistas mais importantes e participou en folgas obreiras. Mais tarde foi expulsado do pais por anarquista xunto a outros compañeiros extranxeiros. Destacou, xa en España, na participación en diferentes xornais en publicacións do anarquismo ibérico, despuntando coma periodista e escritor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.