Parece que ao sr. Louzán chéganlle aos oídos as queixas da xente. Neste caso xente parada con cargas e que non son tidos en conta polos sue respectivos concellos.
Así se desprende do comunicado dado desde a Deputación tralo acordo tomado hoxe e que dí así: Como novidade nesta convocatoria, as bases establecen que, á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán dar prioridade aos candidatos que leven máis de un ano inscritos como demandantes de emprego, que non foran contratados no Concello en 2014, que teñan niveis de renda máis baixa e que teñan cargas familiares.
Outra cousa é como van manexar os concellos estas bases, pois algún concello "sábeas todas".
O plan, dotado con 3,2 millóns de euros, permitiralle aos municipios contratar entre 6 e 20 traballadores (en función da poboación) para dar cobertura a necesidades básicas que non poderían atender sen este reforzo de persoal.
Os contratos serán de 25 horas semanais e terán unha duración de seis meses. En todos os casos, terán que estar formalizados o 1 de xullo deste ano.
A Deputación cubrirá os custes salariais dos traballadores, que deberán terán categoría de operarios. Malia todo, os concellos poderán optar por un perfil máis especializado e de maior categoría profesional, sempre e cando sexan as propias entidades locais as que abonen a diferenza salarial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.