Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2014

O ALBARIÑO PROTAGONISTA EN MÁLAGA






Os viños de Rías Baixas protagonizaron onte un túnel do viño en Málaga, que tivo lugar entre as 18:00 e as 22:00 no Hotel NH Málaga. Unha iniciativa que, segundo os organizadores, contou coa participación de 80 marcas de Rías Baixas, pertencentes a 38 bodegas desta Denominación de Orixe, e na que estiveron máis de cincocentos profesionais do sector (sumilleres, enólogos, chefs...), así como membros dos sectores máis representativos da provincia. Todos eles degustaron unha importante mostra dos viños que se elaboran nestes momentos na D.O. Rías Baixas, desde viños de añada 2013 a viños con crianza sobre leas, con madeira, seleccións de engada, espumosos, blends...
Andalucía, segundo explican, é un mercado de interese e de futuro para os viños de Rías Baixas. O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil Araujo, destacou "a importancia do mercado andaluz para estes viños brancos, especialmente enfocada en Málaga e Sevilla". Pola súa banda, o secretario do CRDO Rías Baixas, Ramón Huidobro, presentou os viños de Rías Baixas como "a punta de lanza que rompeu a inercia do viño tinto en España".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.