Grazas a Xoán Antonio Pillado Silvoso ex-alcalde de Cambados, mestre e gran coñecedor do noso pobo e a sua historia sabemos que é a "pedra" que moitos de nos preguntámonos que e para que era. Esta é a explicación dada por Xoán Antonio.
A pedra en cuestión é un dos marcos
que delimitaba os terreos da antiga
xurisdición de Cambados.
Este marco aparece relacionado no documento de apeo feito no ano
1670, publicado por “El Umia”, no seu número 2, o 5 de febreiro de 1907; e que despois recolleu Caamaño Bournacell no seu libro “Cambados a la luz de la
historia”. A realización deste apeo, “…executado
en el pasado año de 1670 en virtud de Comisión
del Real y Supremo Consejo de Castilla…”,
posiblemente se faría a raíz dalgún pleito de
lindes entre os señores das tres xurisdicións:
Fernando de Valladares (Conde Fefiñáns), Conde
de Monterrey (Cambados), e Conde de Castro
Nuevo y Villa Humbrosa (San Tomé).
Concorda, Xoán Antonio, cos que din que a pedra corre perigo, e que calquera día un
tractor ou un camión dando marcha atrás a
escache, como lle pasou aos cruceiros de San Tomé e Fefiñáns.
Sen embargo non son partidario de trasladala e metela nun museo.
Precisamente o seu valor histórico está en que estea aí (como os cruceiros), sinalando o que tiña que sinalar, Ensinándonos aos cambadeses de hoxe (e tamén aos de fóra, por suposto) un anaco da nosa historia. Coido que sería
suficiente con que se tomasen algunhas medidas mínimas de protección(valado, bolardos, construcción de beirarrúa, establecemento de dirección única, etc.).
Se a pedra resistiu máis de 400 anos, penso que pode aguantar outros tantos máis, se se coida. Por certo, o outro marco que estaba no camiño da Pastora ao Monte do Rei gárdase no Museo do Viño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.