Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
14 de mayo de 2014
O AMIGO DE FEIJÓO NO BAQUIÑO DOS ACUSADOS
O amigo de Feijóo tentou que o proceso se retrasase a semán pasada pero finalmente o tribunal non considerou a petición.
Hoxe retómase na Audiencia Nacional o xuízo contra o narcotraficante arousán Marcial Dorado.
Declararán os máis de 16 letrados da defensa, que intentarán contrarrestar o escrito da acusación que pide para o ex-contrabandista 15 anos de cárcere e o comiso de todo o seu patrimonio.
Na súa declaración de onte, Marcial Dorado, que se expón a 15 anos de cadea por un delito de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico, declarou que o seu diñeiro era lícito e que procede do negocio do tabaco.
A Fiscalía acúsao de dirixir nos anos noventa unha suposta rede de branqueo que moveu máis de 21 millóns de euros mediante a axuda de homes de palla e de máis de 30 sociedades con sede en paraísos fiscais. Nesa suposta trama están involucradas outras catorce persoas, entre elas dous gardas civís e un ex-axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Vigo, ademais dunha parella de avogados madrileños.
A pena por branqueo que solicita o fiscal supón un novo revés para Marcial Dorado, que este ano cumprirá a metade da condena de 10 anos de cárcere por un delito de narcotráfico. Os seus avogados tratarán de desmontar a tese do fiscal e demostrarlle ao tribunal que Dorado construíu a súa fortuna cos beneficios procedentes do tabaco de contrabando dende finais dos setenta, como xefe dunha das tres compañías tabaqueiras que se asentaron en Galicia naquela época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.