Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2014

O REFUXIO DE CAMBADOS E O SEPRONA BUSCAN A UNS SALVAXES








Perla, de 7 meses, recupérase agora no refuxio de Cambados da operación tras a fractura de cadril e fémur que lle ocasionou o atropelo e posterior malleira que lle deu o condutor do vehículo.
"Ían 2 persoas, o condutor e o copiloto, menor de 35 anos, e o condutor apeouse unha vez atropelado o can e baixou do coche e comezou a darlle patadas á cadela. A cadela intentaba escapar pero, claro, debido á súa lesión, arrastrábase".
"Aínda non lle chegou apaleala, que abriu o maleteiro do coche, agarrou un bate de béisbol ou un pau de ferro e comezoulle a pegar con ela. Ata que unhas persoas que viñan nun vehículo apeáronse e comezáronlle a berrar".

Uns feitos que cualifican de reprobables e sancionables, polo que buscan os seus autores, para o que ademais da investigación por parte do SEPRONA, solicitan a colaboración cidadá. Os feitos producíronse o 19 de abril nesta céntrica rúa da Illa de Arousa.

"Son dúas persoas, a matrícula 7899, un vehículo gris. E segundo fontes, dixéronnos que non eran da Illa de Arousa, que non lle daban da Illa de Arousa, pero poden ser da zona porque coincidiu xusto tamén a festa da Armenteira aos días seguintes e esas persoas estaban na festa da Armenteira, segundo testemuñas que nos contaron".

O dono desentendeuse da cadela, polo que en principio será este refuxio quen asuma os 240 euros que custou a operación e o posterior tratamento. Mentres agarda, igual ca os seus compañeiros de refuxio, unha familia que a acolla.

"Perla ten mobilidade completa. Mantense de pé, o que ocorre é que necesita moita rehabilitación, necesita moita tranquilidade para que solde ben e esperamos atoparlle unha familia axiña. É verdade que ela ten dono, pero o dono non se fixo cargo nin chamou para preguntar por ela".

Cando avance máis na súa recuperación teñen previsto castrar a Perla, xa que non soportaría un parto. Apuntan que se trata dun cruzamento de can de augas moi nova e agarimosa.


Testimonios recollidos da TVG


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.