Onte foi o segundo día consecutivo en que os
termómetros pasaron dos 30 graos, sobre todo na metade sur de Galicia.
Leiro rexistrou a máxima de todo o país. Pasou dos 33 graos, unha
temperatura á que tamén chegaron en Ourense. Pero as Rías Baixas
tampouco quedaron atrás. En Arbo houbo unha máxima de 32 e na costa, en
Cambados aos 30. En Vilagarcía tamén marcaron ese rexistro.
Hai que aguantar a calor porque tampouco estamos moi afeitos. Xa van dous días batendo marcas en temperaturas e os corpos non se dan apañado, polo menos os do interior. E é que o inverno foi moi longo.
"Se te pós á sombra dáche o fresco, pero ao sol...mimadriña".

As praias, como en Vigo. Samil que volveu encherse. Ou os rios nas zonas do interior. A primavera, con estas
temperaturas, un chisco máis baixas que onte, anima ao baño. E é que
estes días estase mellor preto do mar. Coma sempre, contra o norte houbo
máis fresco, pero iso non impediu que Riazor, outra vez, se enchera.
"Xa o luns posiblemente empece a chover e acabouse".
E hai que aproveitar porque mañán (por hoxe) luns acábase esta calor, din os meteorólogos, que son os que saben. Decían os bañistas.
"Xa o luns posiblemente empece a chover e acabouse".
E hai que aproveitar porque mañán (por hoxe) luns acábase esta calor, din os meteorólogos, que son os que saben. Decían os bañistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.