As cousas hai que velas para criticalas ou apoialas.
Hai uns dias saía na prensa local que o concello de Cambados estaba pensando en facer algo para recuperar as vistas desde o Monte da Pastora.
Alá fumos para comprobar e fotografar con algo de detalle as afirmacións feitas desde o Concello e aquí tedes o resultado.
Despois de ter o monte case pelado houbo unha reforestación sen control que obriga agora a ter que talar algunhas das árbores que pouca pouco foron medrando e ocultando as maravillosas vistas a ría que cambadeses e foráneos disfrutamos.
Neste tema non podemos estar máis de acordo co iluminado que o propuxo.
De paso poderían ter a precaución de limpar o monte cada pouco e non deixalo abandonado ata que un obradoiro de emprego faga algún traballo de mantemento ou uns dias antes da Romería que alí se celebra na honra da virxe que leva o nome do monte.
Depaso tamén reparar os desperfectos que o tempo ou algún persoaxe fai nas proximidades da capela.
Como vedes nas fotos as únicas vistas e non as mellores, pódense contemplar desde a parte onde están os xogos infantís.
Como ben denunciamos en outras ocasións a falla de limpeza non é culpa exclusiva do Concello.
E tampouco do bipartito nin de Zapatero, a culpa da reforestación salvaxe e sen control debe ser de quen leva tantos anos governando sen criterio no Concello.
De arriba a baixo...
Foto 1: Vista desde o Calvario mirando a O Grove
Foto 2: No mesmo lugar mirando cara a Illa
Foto 3: Desde a capela
Foto 4 e 5: Abandono
Foto 6: Vista desde a parte dos xogos infantís.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.