Este fin de semana o Establecimientos Otero-Fundacion Deporte Galego ten un novo reto coa disputa da fase de ascenso a superdivision que se celebra no pavillon de San Tomé. O equipo cambadés con todos os seus xogadores dispoñibles, Jorge Gambra, Fernando Padin Fernández, Kazeem Ahmed e Adrian Vidal Fernandez esta moi ilusionado de poder conseguir o ascenso a superdivision para o que tenrán que vencer o primeiro partido o sábado ás 10,00 horas ante o CN Helios de Zaragoza, de vencer este partido terían que disputar outro o mesmo dia ás 18,00 horas ante o vencedor de Oroso TM e Collado Mediano. De vencer disputarían o definitivo o domingo ás 11,00 horas ante o perdedor do duelo entre o Liceo Casino e O Álamo. O equipo cambadés agarda o apoio da afección para animar ao equipo e poder conseguir o ascenso.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.