Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de mayo de 2014
A MALA EDUCACIÓN DUN ALCALDE NON TEN LÍMITES
Este mediodía no acto de ofrenda a Cabanillas e homenaxe a Díaz Castro prodúxose un feito para nos criticable e vergoñento por parte do alcalde de Cambados e que dá a demostrar que lle gustan máis as cámaras sexan de fotos ou televisión que como se dí vulgarmente "a un tonto un lápiz".
Aparte de que os seus asesores de imaxe e protocolo non lle dan ensinado nada positivo e polo que se lles paga moi relixiosamente a fin de mes unha moi bonita cifra de euros.
O feito de mala educación propio da ignorancia da que fan gala estes politicuchos foi o seguinte. Despois da ofrenda floral a Cabanillas feita polo alcalde e parte da familia do "poeta da raza" comenzaba o acto de hmenaxe a Díaz Castro en particular e a todos os autores galegos en xeral. Empezaban os rapaces a recitar versos cando unha rapaza do Canal Rias Baixas(Tele Salnés) pideulle ao alcalde que falase diante dos seus micófonos, ao que o alcalde, aquí moi educado, accedeu. Non é de recibo que deixe aos rapaces de lado para falar uns minutos coa prensa que levaba un tempo alí e podería ter agardado uns intres para falar ao remate do acto.
Non contento con eso dirixeuse despois a falar co seu padriño,(para outra xente non ten tempo) deixando outra vez de lado aos rapaces.
Despois de mirar (que non prestar atención) ao escenario onde os rapaces actuaban, volveu a atender a prensa. Nesta ocasión para quitar máis fotos e repetir o momento de pousar as frores no monumento a Cabanillas.
O sumum da desvergonza prodúxose antes do remate do acto que segundo o seu conductor se fixera máis breve que outros anos. Comezaba a soar o himno de Galicia e o rexedor cambadés botou a andar cara o concello deixando a máis de un coa boca aberta pola falla de respeto tan grande.
Esto que vos acabo de contar non o veredes escrito noutros sitios nos que so se destaca a ofrenda floral sen describir todo o acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.